Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos Fotográficos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Seguimento diario, de forma personalizada, do traballo realizado polo alumno na resolución dos exercicios formulados. 35%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita sobre os contidos dados no curso. 25%
Traballos e proxectos Presentación pública dos resultados dos exercicios formulados ao longo do curso, potenciándose o debate sobre as propostas.
O último traballo, de temática libre, será valorado máis que os outros.
A maioría dos exercicios resolveranse empregando a fotografía analóxica en branco e negro, aínda que haberá tamén propostas para seren resoltas con fotografía dixital.
30%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Os traballos prácticos serán
avaliados de forma continua a través do seguimento semanal dos diferentes
exercicios que se proporán durante o curso. Ao final de cada un deles
realizarase unha presentación pública dos resultados obtidos.
 Valorarase a actitude, o traballo realizado, o interese das propostas e
a capacidade de resolvelas fotograficamente.


A avaliación dos contidos teóricos
farase mediante unha proba escrita sobre os conceptos impartidos, na que se
valorarán as capacidades analítica e crítica. Así mesmo, avaliarase a
actitude e os exercicios específicos propostos ao longo do curso.


EXAME: 27 de xaneiro.


Convocatoria de xullo


A avaliación na convocatoria de
xullo farase mediante:


-Unha proba para os contidos
teóricos


Presentación de :


-Serie de fotografías analóxicas en
branco e negro, debendo realizar o alumno todo o proceso de revelado e
positivado.


-Serie de fotografías dixitais.


PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE
XULLO: 1 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000