Guia docente 2009_10
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos Fotográficos
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio O profesor explicará os procedementos e técnicas necesarios, así como os seus fundamentos, tanto no que se refire á fotografía en branco e negro da que se realizará o proceso completo, como da fotografía dixital. Na resolución dos exercicios formulados ao longo do curso, o profesor fará un seguimento personalizado diario do traballo do alumno, facéndolle as observacións e preguntas que considere pertinentes, dándolle a coñecer a obra dos autores referenciais interesantes e subministrándolle a bibliografía adecuada para as súas propostas. Potenciarase a participación e o debate tanto na formulación dos exercicios como na presentación dos seus resultados. Potenciarase, así mesmo, o debate sobre a obra dos diferentes autores presentados.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000