Prácticas de laboratorio |
O profesor explicará os procedementos e técnicas necesarios, así como os seus fundamentos, tanto no que se refire á fotografía en branco e negro da que se realizará o proceso completo, como da fotografía dixital.
Na resolución dos exercicios formulados ao longo do curso, o profesor fará un seguimento personalizado diario do traballo do alumno, facéndolle as observacións e preguntas que considere pertinentes, dándolle a coñecer a obra dos autores referenciais interesantes e subministrándolle a bibliografía adecuada para as súas propostas.
Potenciarase a participación e o debate tanto na formulación dos exercicios como na presentación dos seus resultados. Potenciarase, así mesmo, o debate sobre a obra dos diferentes autores presentados.
|
|