Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos De Deseño
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O método de avaliación no relativo aos traballos realizados na aula realizarase baixo un labor de seguimento persoal do proceso de desenvolvemento dos exercicios, en base aos seguintes criterios:
- O interese estético e funcional dos proxectos realizados.

- A comprensión e utilización correcta dos procesos técnicos e informáticos.

- A coherencia de todos os exercicios do alumno.

- A correcta realización dos proxectos e probas requiridos na aula nos prazos estipulados. Será obrigatorio a realización de entregas parciais dos exercicios co obxectivo de realizar un seguimento do traballo por parte do profesor.
30%
Resolución de problemas e/ou exercicios A resolución de problemas e exercicios presentados na aula será fundamental para a realización do seguimento persoal e evolución dos traballos e proxectos dos alumnos. O alumno deberá obrigatoriamente e periodicamente asistir a estas aulas de resolución de problemas e exercicios, de maneira que o profesor poida ter constancia da súa evolución e, en base a ela, realizar a avaliación pertinente deste aspecto. 15%
Obradoiros Será obrigatoria a asistencia a cada un dos obradoiros planificados no desenvolvemento do cuadrimestre. 15%
Traballos e proxectos O método de avaliación dos proxectos finais presentados por cada alumno rexerase en base aos seguintes criterios:

- O interese estético e funcional dos proxectos realizados. O alumno terá a opción de establecer un debate dentro do grupo da clase en defensa da valoración do seu traballo. En caso contrario, o profesor valorará este aspecto unilateralmente.

- A coherencia de todos os proxectos do alumno.

- A metodoloxía e planificación do traballo.

- Traballo de reflexión e estudo previo ao proceso de elaboración dun proxecto.

- A correcta realización destes proxectos requiridos na materia nos prazos estipulados.

- A correcta elaboración formal (dixital e de impresión) e a súa presentación.

40%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Outros aspectos da avaliación que se deben considerar:



- A asistencia a clase será obrigatoria para poder aprobar os contidos do
cuadrimestre na convocatoria de febreiro.



- A entrega de todos os traballos e proxectos nos prazos estipulados será
obrigatoria para poder aprobar os contidos do cuadrimestre na convocatoria de
febreiro.



- Non se recollerá ningún traballo e, polo tanto, non será avaliado ningún
exercicio de alumnos que non presentaran a ficha coa súa correspondente foto.



- Para a convocatoria de febreiro, o profesor poderá reservarse a opción de
realizar unha proba de recuperación cando o alumno non acade o nivel esixido,
articulando un sistema de probas de recuperación que consiste nun exercicio
teórico ou práctico relacionado cos contidos do curso.


- Convocatoria de xullo: cando o alumno non acade o
nivel esixido ou non se presente ás convocatorias de avaliación do curso,
articularase un sistema de probas de recuperación composto por un exercicio
teórico ou práctico relacionado cos contidos do curso. Ademais, o alumno
deberá entregar a totalidade dos proxectos propostos durante o curso.


PROBA DE AVALIACIÓN
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: 7 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000