Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos De Arte De Acción
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula
A avaliación vai ser continua, polo que a asistencia a clase é un requisito imprescindible para aprobar esta parte da avaliación.

Xunto coa asistencia, valorarase positivamente:

A presenza activa do alumno na clase.

A correcta progresión dos proxectos que se vaian desenvolvendo na aula.

A calidade, orixinalidade e creatividade dos proxectos artísticos desenvolvidos na aula.

O desenvolvemento teórico, a metodoloxía e a coherencia do traballo realizado ao longo do curso.

A capacidade investigadora do alumno

A capacidade de experimentación do alumno

O traballo previo de reflexión e investigación teórica de cada proxecto realizado dentro da aula

A ampliación dos coñecementos impartidos na clase.



35%
Obradoiros Demostración, mediante a entrega dun comentario teórico, da correcta asimilación dos contidos esenciais do obradoiro, conferencia, etc.

5%
Saídas de estudo/prácticas de campo Demostración, mediante a entrega dun traballo teórico, da correcta asimilación dos contidos principais da exposición/evento visitado.



5%
Sesión maxistral

A asistencia ás sesións maxistrais será imprescindible para aprobar esta parte da avaliación.

Alén desta asistencia, o alumno terá que demostrar a correcta asimilación dos conceptos básicos que conforman os diferentes bloques temáticos da materia.

A participación do alumnado nestas sesións debe ser activa, aportando ideas ou coñecementos que poidan dar lugar a unha discusión colectiva de interese.

10%
Traballos e proxectos Alén do traballo diario na clase, durante o transcurso da materia desenvolveranse, polo menos, tres proxectos de arte de acción que serán presentados na clase.

Nestes traballos valorarase:

A calidade, orixinalidade e creatividade dos proxectos.

O desenvolvemento teórico, a metodoloxía e a coherencia do traballo.

A capacidade investigadora do alumno

A capacidade de experimentación do alumno

O traballo previo de reflexión e investigación teórica de cada proxecto.

A ampliación dos coñecementos impartidos na clase.








25%
Cartafol/dossier O dossier é o soporte teórico de cada un dos proxectos de arte de acción que periodicamente vanse presentar na aula.

O dossier debe estar centrado nunha análise rigorosa dos contidos fundamentais do proxecto, recursos formais e técnicos, obxectivos que se pretenden acadar coa proposta, referentes, etc.

Así mesmo, valorarase unha correcta redacción, expresión e presentación do dossier.


10%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Nestas probas valorarase a demostración da asimilación dos contidos fundamentais de cada tema proposto.

Uso correcto da terminoloxía teórico-práctica

Unha correcta redacción e exposición das ideas expresadas polo alumno.








5%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CALENDARIO DE PROBAS DE
AVALIACIÓN:

Convocatoria ordinaria:

  • Esta
    convocatoria ordinaria realizarase o día 28 de xaneiro de 9:00 a 12:00.
  • Non se admitirá
    a ninguén despois de transcorridos 15 minutos dende a hora marcada na
    convocatoria do exame.
  • É preciso
    mostrar o DNI no momento de presentarse as probas.
  • Para
    poder presentarse á  convocatoria ordinaria de xuño, o alumno, alén
    de desenvolver os exercicios específicos desta proba, deberá presentar
    tamén todos os exercicios que se fixeron durante o cuadrimestre.

A presente convocatoria terá
dúas partes:

  • Unha
    primeira parte na que o alumno terá que demostrar por escrito a correcta
    asimilación dalgún dos temas especificados nesta guía docente. Para esta
    parte haberá un tempo máximo dunha hora.   
  • Unha
    segunda parte na que o alumno terá que desenvolver un exercicio práctico
    utilizando como soporte fundamental a arte de acción. Xunto con este
    proxecto práctico, o alumno deberá entregar unha memoria na que se
    analicen teoricamente os contidos e obxectivos principais do proxecto
    presentado. Para esta parte haberá un tempo máximo de dúas horas por
    alumno.

Convocatoria extraordinaria
de xullo:

  • Esta
    convocatoria ordinaria realizarase entre os días 1 e 15 de xullo do 2010
    na data que se decidirá en Xunta de Facultade.
  • Non se
    admitirá a ninguén despois de transcorridos 15 minutos dende a hora
    marcada na convocatoria do exame.
  • É preciso
    mostrar o DNI no momento de presentarse as probas.
  • Para
    poder presentarse á  convocatoria ordinaria de xuño, o alumno, alén
    de desenvolver os exercicios específicos desta proba, deberá presentar
    tamén todos os exercicios que se fixeron durante o cuadrimestre.

A presente convocatoria terá
dúas partes:

  • Unha
    primeira parte na que o alumno terá que demostrar por escrito a correcta
    asimilación dalgún dos temas especificados nesta guía docente. Para esta
    parte haberá un tempo máximo dunha hora.   
  • Unha
    segunda parte na que o alumno terá que desenvolver un exercicio
    práctico utilizando como soporte fundamental a arte de acción.
    Xunto con este proxecto práctico, o alumno deberá entregar unha memoria na
    que se analicen teoricamente os contidos e obxectivos principias do proxecto
    presentado. Para esta parte haberá un tempo máximo de dúas horas por
    alumno.

PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE
XULLO: 5 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000