Guia docente 2009_10
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte E Espazo Social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Valoraranse os seguintes factores:
A correcta explicación verbal do traballo realizado no tempo indicado.
A calidade do discurso e o atractivo formal da presentación.
O uso correcto dos medios técnicos empregados.
A autoavaliación do traballo e as respostas ás preguntas formuladas na exposición polos alumnos e a profesora.
10%
Debates Avaliarase a participación activa do alumno no debate, a interpretación e a análise critica das ideas expostas. 5%
Traballos tutelados Valórase a adecuación da obra ao exercicio formulado e á materia, desde o campo do escultórico.
No proxecto valóranse os seguintes factores:
A elección do método de traballo adecuado.
A posibilidade de apertura a novos proxectos e outras vías de traballo.
A súa evolución correcta.
Na obra valóranse:
O risco da proposta; a súa orixinalidade e novidade; a súa contemporaneidade; a resolución técnica e o uso correcto dos materiais empregados.
A adecuación sintáctico-semántica, a súa exposición no espazo e a correcta interpretación do contexto.
75%
Titoría en grupo Avaliarase a participación activa do alumno na análise conceptual e formal do seu propio proxecto e no dos seus compañeiros, así como as achegas de posibles solucións prácticas aos problemas que presenten a resolución dos proxectos expostos. 5%
Actividades introdutorias Avaliarase a participación activa do alumno na actividade proposta, o interese das ideas que expoña, a súa orixinalidade e a súa pertinencia respecto ao exercicio proposto. 5%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación









PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA DE XULLO: 9 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


Na segunda convocatoria hanse presentar os
traballos tanto teóricos como prácticos que non se aprobasen ou que non fosen
presentados na primeira.

Os traballos presentados na segunda convocatoria han ser tamén titorizados.




Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000