É imposible delimitar a actividade creativa da educativa.
A intención desta materia é achegar o futuro profesional das Belas Artes a todos e cada un dos campos, para que poida intervir como mediador ou transmisor das áreas de coñecemento das artes plásticas, é dicir, da Educación Artística nos museos, da propia práctica artística, do campo da publicidade, da ilustración e da literatura, da xestión cultural e da educación das Artes Plásticas non reguladas no actual sistema educativo.