Nivel de análise, asimilación e afondamento nos contidos da materia. Comunicación oral e manexo de bibliografía.
20%
Traballos tutelados
Nivel de análise, asimilación e afondamento nos contidos da materia. Interese por ampliar coñecementos, disposición investigadora, manexo de bibliografía e entrega puntual de traballos.
60%
Debates
Participación e achegas nos debates desenvolvidos na aula.
10%
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para aprobar a materia, o alumnado ten que elixir, de entre
os seminarios e eventos propostos polo profesorado, un 60% como mínimo e
acadar unha asistencia do 80%.
Para a mellora e a recuperación na aprendizaxe, é
necesario que o/a alumno/a adquira solvencia teórica formulándolle
dúbidas ao profesorado, participando nos debates desenvolvidos na
aula, consultando a bibliografía recomendada, estudando o material
subministrado, etc. Tamén é preciso que efectúe unha revisión crítica dos
traballos e proxectos realizados e que incremente o seu coñecemento práctico
mediante a asistencia ás manifestacións culturais dos eidos do
cinema, a danza, o teatro, a música, a arquitectura e o deseño.
Na segunda convocatoria entregaranse os traballos non
aprobados ou non superados na primeira convocatoria.
PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA DE XULLO: 13 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000