Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Procesos De Investigación E Creación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Obradoiros Avaliación continua e personalizada dos procesos de traballo. 15%
Titoría en grupo Avaliación conxunta e transversal dos traballos. 5%
Traballos de aula Avaliación baseada na resolución e presentación de traballos concretos de forma puntual de acordo coa axenda predeterminada. 60%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





A intelixencia atopa posibilidades novas
nas cousas materiais cando integra as súas posibilidades reais en proxectos inventados.
O resultado é unha creación intelectual (saber), sensible (ver) e sentimental
(sentir). O obxectivo é o desenvolvemento das capacidades persoais en
relación aos procesos heurísticos e operativos ligados ao campo da creación e
á investigación artística, de acordo cun adestramento correspondente ás
operacións de mirar
(atopar/buscar), imaxinar
(proxectar/elaborar) e realizar
(producir/socializar). Isto implica tres campos de valores:


 


  Coñecementos: englobaría
as capacidades de información, asimilación, argumentación, axilidade mental,
improvisación, elección, decisión, etc.


  Capacidades
psicomotoras: incorporaría as habilidades perceptivas, destrezas
construtivas, sensibilidade plástica, execución, etc..


  Actitudes: englobaría
disposición, laboriosidade, participación, iniciativa, curiosidade, etc


A avaliación estará referida á evolución persoal nas
capacidades de asimilación da información, a capacidade de argumentación, a
axilidade mental, a improvisación, elección e decisión; o desenvolvemento da
sensibilidade plástica, das habilidades perceptivas e destrezas construtivas
na execución obxectual, a capacidade no manexo de fontes iconográficas e
documentais, a coherencia entre formulacións e resultados; e as actitudes,
vinculadas á curiosidade, disposición, laboriosidade, á iniciativa persoal, á
participación e a colaboración ao traballo común, á capacidade para
enriquecer a discusión, etc. Isto supón a adecuación a catro criterios de
avaliación: comprensión, fundamentación, falsación e trazabilidade.


           
Esta avaliación será continuada, polo que a asistencia
habitual é necesaria, xa que se desenvolverá de acordo á propia estrutura e
calendario de exercicios propostos, cada un dos cales derivará unha
cualificación acumulativa e cuxa presentación puntual será imprescindible.
Realizarase un exame teórico para verificar o grao de asimilación intelectual
dos contidos, categorías e parámetros manexados no curso.


PROBA DE
AVALIACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: 5 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000