“Arte e contemporaneidade” é unha materia transversal pertencente ao módulo dos contextos artísticos e dedicada a afrontar os aspectos máis circunstanciais e de época da arte, tanto pola súa significación social como cultural. Esta materia complementa os coñecementos adquiridos secuencialmente en cursos anteriores, máis especificamente nas materias de "Antropoloxía da Arte" e "Historia da Arte", de primeiro curso, e "Psicoloxía da Arte" e Arte e modernidade", de segundo curso. Esta materia pretende que o alumno coñeza e analice aquelas prácticas artísticas que se desenvolven na actualidade e que as relacione con aqueles conceptos establecidos na idea de contemporaneidade. Esta materia terá continuidade no cuarto curso e, máis especificamente, nas materias: "Traballo de fin de grao", "Proxectos artísticos", "Artes afíns" e "Xestión, ámbito artístico e mundo profesional".