A materia pretende introducir o alumno/a no estudo dos sistemas de representación, establecendo a correspondencia coa representación espacial na obra artística.
A necesidade de establecer unha linguaxe que sirva como medio de expresión e de comunicación tanto nos procesos de investigación sobre as formas, como na comprensión gráfica de bosquexos e proxectos artístico e técnicos, dá lugar ao nacemento do chamado Debuxo Técnico, termo no que se engloba o estudo dos sistemas de representación.
A materia introducirá o alumnado na resolución de problemas xeométricos e de simulación do espazo tridimensional no plano, achegándoo á representación da realidade próxima.