Guia docente 2009_10
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Técnicas Pictóricas
   Contidos
Tema Subtema
1- Nocións xerais sobre os materiais pictóricos: pigmentos, colorantes, aglutinantes e disolventes. Soportes e imprimacións. Accesorios para a pintura.
Pigmentos, colorantes, aglutinantes e disolventes. Soportes e imprimacións. Accesorios para a pintura.
2 - Procedementos acuosos:
Acuarela. Témpera: de ovo, caseína, de goma, mixta. Acrílico. Fresco sobre táboa.
Procedementos non acuosos: Óleo e encáustica.
A materia constará, como se especifica no apartado 6, dun número de horas teóricas con explicacións, proxeccións e outra práctica. O programa iniciarase coa aprendizaxe dos procedementos acuosos. Na primeira clase veremos un CD, no que se analizará a evolución histórica da acuarela e as súas posibilidades actualmente con explicacións sobre os materiais: pigmentos, papeis e pinceis. As clases seguintes serán de introdución práctica á acuarela, técnica que usaremos ao longo de todo o curso, para a elaboración de bocexos e apuntes. Posteriormente pasaremos á tempera de ovo e caseína ata mediados do mes de novembro. Continuaremos co acrílico, para dedicar decembro e xaneiro ao óleo. Se dá tempo veremos ao final o fresco sobre táboa e a encáustica. Todas as clases prácticas das distintas técnicas irán precedidas da correspondente clase teórica onde se analizará o procedemento, así como os soportes, imprimacións e materiais útiles y necesarios. Dado o breve espazo de tempo do que dispoñemos, os formatos serán medios. Así mesmo, os alumnos terán dous cadernos de investigación nos que irán realizando exercicios fóra do horario das clases. Todo isto complementarase coa asistencia a exposicións, lecturas e algunha conferencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000