Código |
Descrición |
A1 |
Establecer relacións entre as características dos conceptos analizados e dos contextos e dinámicas sociais e políticas estudadas. |
A2 |
Identificar os elementos que conforman unha cultura política e que permiten distinguir entre as diferentes culturas dunha época e un lugar determinado. |
A3 |
Identificar as bases metodolóxicas e historiográficas sobre as que se sostén a interpretación dun determinado fenómeno histórico. |
A4 |
Interpretar os fenómenos sociais e culturais así como os conflitos políticos á luz da súa xenealoxía fenomenolóxica e conceptual. |
A5 |
Realizar actividades de investigación arquivística, museística, bibliográfica, audiovisual e informática aplicadas aos campos da historia, o territorio e os recursos patrimoniais. |
A7 |
Adquirir a capacidade para discriminar e valorar as distintas manifestacións do patrimonio así como interpretar e utilizar as normas de aplicación deste. |
A9 |
Habilidade na aplicación de criterios e no coñecemento e utilización de técnicas e de instrumentos para a análise, valoración e xestión do patrimonio. |
A10 |
Capacidade para a aplicación de metodoloxías de análise do patrimonio territorial segundo obxectivos de protección e posta en valor. |
A11 |
Capacidade para elaborar estratexias encamiñadas á recuperación do patrimonio. |
A12 |
Capacidade para a difusión e divulgación do coñecemento científico e creación de mensaxes con fins de sensibilización social sobre o patrimonio. |
B1 |
Analizar, sintetizar e interrelacionar feitos e conceptos histórico-xeográficos e artísticos dende unha perspectiva crítica. |
B2 |
Establecer hipóteses a partir de datos dispoñibles e proceder á súa confirmación ou refutación mediante a aplicación dunha metodoloxía científica. |
B3 |
Dominar a formulación de problemas de investigación teórica e aplicada. |
B4 |
Coñecer e utilizar os recursos documentais máis recentes en relación coa temática do mestrado. |
B6 |
Saber xestionar a información recollida. |
B7 |
Presentar por escrito os resultados do traballo de investigación con criterios de calidade científica. |
B8 |
Aplicar a informática e outros medios audiovisuais ao traballo de fin de mestrado. |