Guia docente 2009_10
Facultade de Historia
Mestrado Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Materias
  Patrimonio, Museoloxía e Arqueoloxía: O Pasado como Discurso Histórico
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Categorías de Protección e Recursos dos Bens Patrimoniais. Monumentos e Conxuntos Históricos/O02M054V01109
Recursos Naturais e Paisaxe na Ordenación do Territorio/O02M054V01110
Antropoloxía da Cultura Material/O02M054V01113

 
Outros comentarios
O TEMA 3 (Interpretación e difusión do patrimonio arqueolóxico. Recursos e técnicas) será impartido pola profesora Nuria Serrat Antolí, pedagoga e doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Barcelona (UB). Dende 1999 é profesora lectora do Departamento de Didáctica e Organización Educativa da Facultade de Pedagoxía da UB. Coordinou o mestrado de Museografía didáctica (2001-2005) e dirixiu o mestrado en Museografía interactiva (2005-2007), ambos os dous do Grupo IL3 da UB. Dende 2006-2007 colaborou na creación do mestrado oficial en Xestión do patrimonio cultural da UB, no que imparte docencia das materias: «Museografía Didáctica», Deseño museográfico e técnicas expositivas e «Análise e control dunha produción». Participa tamén no mestrado Cultura histórica e comunicación da UB e no mestrado en Xestión cultural da Universitat Internacional de Catalunya. Desenvolveu distintos proxectos de interpretación e dinamización turística e cultural, así como proxectos educativos para distintas institucións públicas e privadas. Ao longo do curso entregarase unha documentación detallada sobre o desenvolvemento das actividades. Esta información será ofrecida a través da plataforma TEM@, polo que todos os alumnos deben estar dados de alta na plataforma e ter cuberto os seus datos de perfil.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000