Materia de formación básica en Xeografía. Trata dos fundamentos teóricos e metodolóxicos cara o coñecemento global dos medios naturais e as súas aplicacións no contexto da sociedade. Desenvolve o estudo das propiedades significativas dos principais compoñentes (relevo, clima, augas, biota) tendo en conta as súas interaccións complexas na paisaxe. Introduce unha perspectiva ambiental da Xeografía da natureza dende as posibles configuracións das unidades biofísicas.