Guia docente 2009_10
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Fontes de Información en Humanidades
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Traballo de aula, en grupos informais, realizado sobre documentación escrita co obxectivo de afondar nos temas introducidos nas sesións maxistrais.
Actividades introdutorias Sesións de aula encamiñadas a tomar contacto co alumnado, presentar a materia e coñecer as súas competencias, motivacións e intereses.
Prácticas a través de TIC Prácticas na aula de Informática nas que se utilizarán os recursos electrónicos de selección de información e os estilos e xestores de referencias bibliográficas partindo dun suposto práctico de selección de fontes en Historia, Historia da arte e/ou Xeografía.
Saídas de estudo/prácticas de campo Prácticas na biblioteca do Campus de Ourense, nas que se utilizarán os recursos imprimidos de selección de información partindo dun suposto práctico de selección de fontes en Historia, Historia da arte e/ou Xeografía.
Titoría en grupo Sesións de titorías en grupo nas que se realizará o seguimento e orientación sobre os contidos e preparación das actividades e probas de avaliación.
Sesión maxistral Exposicións introdutorias nas que se familiarizará o alumnado coas principais fontes de información, a súa valoración crítica, os recursos de recompilación existentes e a utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000