Calendario académico (*) Calendario escolar curso 2009-2010 Estudos oficiais de grao e posgrao (Aprobado en Consello de Goberno do día 20-04-2009) 1.- O período lectivo do curso académico comprenderá do día 21 de setembro de 2009 ao 30 de xullo de 2010. O mes de agosto non será lectivo. 2.- As actividades académicas comezarán e rematarán nas datas seguintes: Primeiro cuadrimestre inicio: 21 de setembro de 2009. remate: 3 de febreiro de 2010. Segundo cuadrimestre inicio: 4 de febreiro de 2010. remate: 7 de xuño de 2010. 3.- Cando estea previsto a realización de probas de avaliación os/as estudantes en cada curso académico terán dereito a dúas oportunidades quedando o calendario recomendado de probas de avaliación organizado en tres períodos:
4.- As clases interromperanse dende o día 21 de decembro de 2009 ata o día 8 de xaneiro de 2010 (ambos os dous incluídos), os días 15 e 16 de febreiro e dende o día 27 de marzo ao 5 de abril de 2010 (ambos os dous incluídos). 5.- Terá carácter festivo o día 28 de xaneiro de 2010 (celebración do patrón da Universidade). Posuirán o mesmo carácter os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das festas locais. 6.- Así mesmo, en cada Centro terán carácter festivo a data da festa do Centro. Todas as que non coincidan en luns ou venres, pasaranse a eses días.
|
Universidade de Vigo | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 |