Hoxe, a economía é unha disciplina que utiliza modelos para dar sentido aos datos. Estes modelos orientan ao goberno, as empresas e moitas outras organizacións sobre as disxuntivas ou *trade-*offs que afrontan ao deseñar políticas. O curso está dirixido a dotar aos estudantes de ferramentas, conceptos e formas de comprender o mundo que utilizamos hoxe en día os economistas.