Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Economía
 Materias
  Economía da desigualdade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Preguntas sobre os principais temas do curso 40 C5
C10
C13
D1
D4
D5
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas curtas a facer durante as clases 30 C5
C10
C13
D1
D4
D5
D10
Presentación Presentación dun caso de estudo 30 C5
C10
C13
D1
D4
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudante poderá elixir entre o
sistema de avaliación continua e o de avaliación global de acordo cos
procedementos e prazos que se establezan.

O sistema de avaliación continua
consistirá na realización dun exame na data oficial sobre os contidos do curso, de probas curtas a facer na aula, así como da presentación dun caso de estudo.
Para superar a materia, será preciso acadar polo menos un 40% da nota en cada
unha das tres probas e o 50% no total. Os estudantes que asistan a clase en liña deberán ter en todo momento a cámara conectada.

O sistema de avaliación global
determinarase exclusivamente polo resultado do exame final oficial. Na segunda oportunidade, unicamente será posible a avaliación global.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000