A materia contén unha introdución xeral ao manexo de instrumentos xurídicos (normas, sentenzas, etc); unha introdución ao dereito ambiental e ao dereito de augas (no ámbito estatal e internacional); e, con máis detalle, o estudo de aspectos xurídicos da xestión do dominio público hidráulico e dos recursos hídricos que se consideran de maior interese para profesionais provenientes do ámbito científico e tecnolóxico.