PresentaciónNo ano 1991 créase a Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica en Informática
de Xestión da Universidade de Vigo no Campus de Ourense xunto coa titulación de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión, co fin de dar resposta ás necesidades de titulados en Informática que demandaba a sociedade galega. No
ano 1999, tras a concesión a este Centro do segundo ciclo da titulación
de Enxeñería en Informática, cambia o seu nome polo de Escola Superior de Enxeñería
Informática (ESEI). Actualmente, o Centro oferta as seguintes titulacións: Trátase dunha titulación interuniversitaria no Sistema Universitario de Galicia, de catro cursos (240 ECTS), na que as materias dos dous primeiros cursos son comúns ás tres universidades (A Coruña, Santiago e Vigo). En terceiro e cuarto, na Universidade de Vigo desenvólvense a orientación en Sistemas de Información Intelixentes (SII). Máster Universitario en Enxeñaría Informática: titulación
vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a en Informática, de 90
ECTS e un curso e medio adaptada ao EEES. Ten como obxectivo dotar ao estudante titulado dunha profunda
formación en temas de dirección e xestión da área de tecnoloxías da
información, así como sólidos coñecementos en tecnoloxías específicas
asociadas a diferentes perfís profesionais deste ámbito. O
titulado adquire competencias técnicas, de comunicación e liderado que
lle capacitan para pór en marcha o seu propio negocio ou para integrarse
en postos directivos da área TIC en empresas e organizacións. - Máster Universitario en Intelixencia Artificial: titulación interuniversitaria, impartida polas Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que se plantexa como un programa completo para a formación de profesionais e emprendedores nesta rama de coñecemento.
Toda a información relativa ao Centro e as suas titulacións atópase na páxina web esei.uvigo.es.
|